CD30

O CD30 (cluster de diferenciación 30), tamén coñecido como TNFRSF8, é unha proteína de membrana da superficie celular da familia do receptor do factor de necrose tumoral e un marcador de tumores, que se expresa en linfocitos T e B activados, pero non en ditas células en repouso, e está codificado nun xene do cromosoma 1 humano.

O TRAF2 e TRAF5 poden interaccionar con este receptor, e median a transdución de sinais que orixina a activación do NF-κB. É un regulador positivo da apoptose, e tamén limita o potencial proliferativo e do efector CD8 autorreactivo de células T e protexe ao corpo contra a autoinmunidade. Existen dúas variantes de transcrición de splicing alternativo deste xene que codifican distintas isoformas.[1]

O CD30 está asociado co linfoma de células grandes anaplástico. Exprésase no carcinoma embrional pero non no seminoma e é así un marcador útil para distinguir entre estes tumores de células xerminais.[2] O CD30 e o CD15 exprésanse tamén nas células de linfoma de Hodgkin clásico.[3]

  1. "Entrez Gene: TNFRSF8 tumor necrosis factor receptor superfamily, member 8". 
  2. Teng LH, Lu DH, Xu QZ, Fu YJ, Yang H, He ZL (2005). "[Expression and diagnostic significance of OCT4, CD117 and CD30 in germ cell tumors]". Zhonghua Bing Li Xue Za Zhi (en Chinese) 34 (11): 711–5. PMID 16536313. 
  3. Gorczyca W, Tsang P, Liu Z; et al. (2003). "CD30-positive T-cell lymphomas co-expressing CD15: an immunohistochemical analysis". Int. J. Oncol. 22 (2): 319–24. PMID 12527929. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search